TRAMEVE, centro especial de emprego, a través da integración laboral das persoas con discapacidade,leva a cabo o tratamento de vehículos fora de uso, o almacenamento e venta de vehículos e repostosde segunda man.

A organización comprométese a conducir as súas actividades, instalacións, servizos e produtos de altacalidade e competitivos dentro do sector asegurando que cumpran os requisitos e necesidades dosclientes. Busca a mellora continua dos procesos para previr e corrixir as causas de posibles problemasque poidan dar lugar a produtos ou servizos non conformes.

A alta dirección asume a responsabilidade de seguir mantendo e actualizando o Sistema Integrado deXestión de acordo cos requisitos establecidos nas normas ISO 9001 e ISO 14001, nas súas ediciónsvixentes, comprometéndose a:

  • Promover, en toda a organización, un enfoque ó cliente e partes interesadas para coñecer assúas necesidades e cumprir os requisitos requiridos.
  • Ser responsables e sostibles co medio ambiente para previr a contaminación e reducir os seusimpactos negativos na contorna.
  • Contribuír activa e voluntariamente á sostenibilidade ética e persoal da sociedade integrando apersoas con discapacidade no mundo laboral. Os traballadores reciben unha formación ecualificación necesaria para un eficaz desempeño, en condicións seguras de traballo.
  • Cumprir os requisitos legais que lle apliquen, así como outros requisitos ós que se sometavoluntariamente.
  • Formar e capacitar a tódolos seus traballadores para que sexan conscientes das súasresponsabilidades respecto á calidade dos procesos dos que forman parte.
  • Facer seguimento anual dos obxectivos asociados ós procesos clave que permitan implantaraccións correctivas buscando sempre a mellora continua para asegurar así a sostenibilidade efuturo da empresa.

A alta dirección comunica a política a tódalas partes interesadas. Lidera e promove o seucumprimento dentro da organización.