Trameve está formado por un conxunto de profesionais que traballa no desgüace ecolóxico de automóbiles, ben sexa por estar fóra de uso por sinistro ou fin de vida útil (C.A.T.).

Somos un Centro de Tratamento de Vehículos que centra a súa actividade en procesos limpos e seguros, que respectan o medio ambiente e promoven a reutilización de pezas válidas, fomentando o consumo responsable de recursos.

Pertencemos ao grupo GES (Galega de Economía Social) e colaboramos con COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) no seu programa laboral. Somos ao redor de xx persoas, e desenvolvemos de maneira eficiente e coidadosa servizos de:

  • Venda de pezas de ocasión.
  • Taxación, recollida en grúa e desguace de vehículos sinistrados ou fóra de uso.
  • Servizo privado de grúa.
  • Compra-venda de automóbiles de ocasión.