Venda de pezas de ocasión.

Por que pagar por unha peza nova cando unha seminova vai cumplir a súa función perfectamente? En Trameve apostamos polo consumo responsable e a reutilización, pensando tamén no aforro. Non sempre imos poder ter a peza que buscas, pero non perdes nada por intentalo aquí, asesorarémoste por se houbese outra que puidese substituila. Todas están garantidas e gozan de boa calidade.

Taxación, recollida en grúa e desguace de vehículos sinistrados ou fóra de uso.

Moitas veces non sabemos como proceder ante un vehículo fóra de uso. Chámanos e informarémoste do protocolo a seguir, para que coñezas os nosos procedementos ecolóxicos e saibas de primeira man que é o que acontece cando nos deixas o teu auto.

Servizo privado de grúa.

Precisas mover un vehículo? Temos xusto o que precisas, un servizo de grúa profesional e competente.

Compra-venda de automóbiles de ocasión.

Queres desfacerte do teu coche? Quizais mercar outro de segunda man? Podemos axudarche a atopar un vehículo á túa medida. Hai verdadeiras oportunidades entre os coches usados, teñen moita vida por diante.

O procesamento ecolóxico de vehículos

Logo de recibir e rexistrar os vehículos en Trameve, entran na área de descontaminación, que dispón de pavimento impermeable e sistema de recollida de derrames. Aquí extráense os combustibles, aceites, líquidos refrixerantes, limpiaparabrisas, líquido de freos, baterías, filtros de aceite e combustible, gas do aire acondicionado, zapatas de freo con amianto, condensadores con PCB e compoñentes con Hg.

Almacenamos debidamente os residuos perigosos en contenedores etiquetados agardando ser recollidos por un xestor autorizado.