Para a valoración do seu vehículo ou dos restos do vehículo sinistrado pódense enviar fotos por email ou facilitar o enderezo onde se atopa o vehículo para realizar unha peritación "in situ".

Requisitos que ten que ter en conta si o ten que dar de baixa, ou que pasos ten que seguir para que Trameve poda recoller o seu coche:

Trameve tramitará gratuitamente a baixa en tráfico do seu vehículo e emitirá un certificado de destrución deste.

A documentación que é necesario presentar en tráfico para tramitar a baixa é a seguinte:

  • Ficha técnica e permiso de circulación.
  • Fotocopia do DNI do propietario (si é unha empresa presentará fotocopia do CIF e do DNI do apoderado, copias das escrituras de constitución da sociedade e do apoderamento da persoa que firma).